Axudas para a obtención do permiso de conducción á mocidade galega
Axudas para a obtención do permiso de conducción á mocidade galega
Normativa reguladora: Orde do 26 de febrero de 2020, pola que se establecen
as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducción das clases B e C á mocidade galega.
Requisitos:
1)
Ter cumpridos 18 anos.
2)
Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia (antigüidade mínima dun
ano).
3)
Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia.
4) Estar matriculadas nunha
autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a
solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con
data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da
solicitude.
Solicitudes e prazo de presentación.
§ As solicitudes presentaranse
preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
§ Opcionalmente, poderanse presentar as
solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común.
§ Para a presentación das solicitudes poderá
empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola
sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave
Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Importe da axuda: O
importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de
condución de
clase B e de 650 € para o de clase C.
Comentarios
Publicar un comentario